Imaxe de cabeceira
O IES rebole
I Semana Solidaria no Félix Muriel

Durante a semana do 7 ao 11 de abril estamos a desenvolver no noso IES un conxunto de actividades que tentarán explorar o tema da solidariedade dende múltiples perspectivas: dende un ciclo de cine que consiste na proxección dun filme cada día da semana, ata  varias exposicións da man de organizacións coma Cruz Vermella ou Médicos sen Fronteiras. Ademais temos microteatro, obradoiros enfocados aos distintos niveis, conferencias, etc.

O día cume é hoxe venres que é tamén o derradeiro , no cal no exterior se realizará unha feira con distintas organizacións e ONGs implicadas nos asuntos da solidaridade e da cooperación. Será tamén o momento no que se concentren a maior parte das actividades mencionadas xa anteriormente, asi coma actuacións musicais ou deportivas.  Producirase ademais unha xornada de portas abertas para que os veciños da contorna se acheguen a coñecer e participar do evento.

O Muriel ponse,  xa que logo, en marcha en prol desta causa, cun lema que nos vai tentar implicar a todos e que quizais xa escoitariades: Ti tamén sumas!

Nos próximos días contarémosvos como nos foi a experiencia, que cousas aprendemos, publicaremos algunhas das   imaxes que imos tomando … En fin, compartiremos cos vós esta nova experiencia.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.