Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Carlos Negro presentounos Penúltimas tendencias

Este é o segundo artigo que se publica a propósito da visita que nos fixo Carlos Negro o pasado mércores 23 de abril, Día do libro. Nel ides atopar a opinión de quen asina este texto, que leu a obra dentro do Club de lectura, pero tamén a impresión que lles quedou aos alumnos e alumnas de 2º Bac. que foron escoitalo. E non deixedes de  escoitar o recitado

Durante as vacacións de Semana Santa, o grupo de lectura do que formo parte, lemos a última obra do poeta Carlos Negro: “Penultimas tendencias” e xusto á volta das vacacións, o autor estivo con nós na biblioteca do centro. Con nós e co alumnado de 2º de Bacharelato e durante 50 minutos estivemos disfrutando moito cos seus poemas.

IMG_20140423_103917

Axudado de varios materiais que traía nunha maleta foinos dando a entender como a sociedade na que vivimos nos fai presos duns determinados estereotipos que, como demostra a “protagonista” do poemario, aínda temos nas nosas mans rexeitar.

Tamén nos abriu os ollos sobre o libro de Federico Moccia e  sobre moitas das lecturas para adolescentes en xeral, nas que se fomenta a imaxe do home violento e a muller submisa.

Outro dos temas que trata o poemario de Carlos Negro é o linguístico; fainos ver como as revistas de moda non promoven “tendencias con seseo  e gheada”; no canto diso anímanmos a empregar palabras en inglés coma fashion, cool…. ; palabras prefabricadas que non todos temos por que aceptar.

En definitiva, encantounos que o autor viñese ó centro e esperamos que se repita de novo a experiencia! Ademais, dende o noso grupo de lectura animámosvos a ler a obra e a difundila polas redes sociais.

A continuación déixovos algúns comentarios de compañeiros e compañeiras de 2º de Bacharelato, que non están no club de lectura pero que foron escoitar ao autor, e mirade o que contan!

IMG_20140423_112336

Teño que dicir que todo son boas palabras respecto á exposición e ao libro. Interesante e ben levada dende o comezo ata o fin, a exposición mesmo se me fixo curta. Quedei con ganas de máis a pesar de non ser unha gran lectora, ou mellor dito, a pesar de dificilmente atopar unha obra que me atraia. Seguramente isto sexa polo ton cómico que se engadiu á exposición acompañada dos grandes e marabillosos obxectos dese grupo tan famoso que non coñece ninguén. A temática que se trata en Penúltimas tendencias atrae con facilidade ao tipo de público co que se pretende conectar: os adolescentes. Seguramente máis dunha moza sentiuse identificada coa personaxe do libro.

Hai que destacar que a súa visita nos fixo entender a poesía doutro xeito, pois, para moitos de nós, a poesía viámola coma noutra dimensión, apartada. Achegounos dun xeito incrible a este xénero tan abandonado.

Teño que engadir que ou público do I.E.S. Félix Muriel tamén cumpriu coa petición do escritor, compartindo os versos dos adhesivos na rede: “medrar foi ir rabuñando a pel dous peluches”,  “o meu amor odia ás rosas e os cisnes”, “non me catalogues, visto ás corres dás xestas”.

Aquí deixo tamén un “chío” dos publicados: “Non houbo mellor forma de celebrar o día do libro que cunha charla de Carlos Negro sobre ou seu novo libro Penúltimas tendencias non noso I.E.S. ” (Laura Longo)

Tivemos charlas dende primeiro de ESO ata este último ano no instituto de moitos tipos, pasando dende as máis aburridas ate as que che enganchan e che marcan para, se cadra, toda a vida.
A visita de Carlos Negro entra dentro desas charlas que non son indiferentes para ninguén, un discurso dinámico, divertido e cunha gran mensaxe de denuncia que chegou perfectamente a nos, os seus ointes.
Eu como muller reflexionei sobre aspectos da miña vida sobre os que anteriormente non o fixera, decateime de que son unha barbie enxaulada, unha bonequiña rosa amarrada polas ideoloxías da sociedade. A miña conciencia de muller libre aumentou inxentemente grazas, paradoxicamente, a unha figura masculina.
Quero facerlle chegar a Carlos Negro as miñas máis sinceiras grazas. As grazas por escribir e as grazas por deileitarnos coa súa obra. Grazas sobre todo por dedicarlle un oco do seu tempo á este grupo en desigual situación que é o das mulleres e por sacarnos os panos de seda dos ollos.
En rianxo gañou unha lectora máis. (Nerea Lorenzo)

IMG_20140423_104157

Carlos Negro, na miña opinión e creo que na de todos, non o puido facer mellor, falounos do seu libro que ten moi boa pinta e apetece lelo, incluso nos achegou a poesía que é un xénero que non queremos moito. Gustoume moito porque o libro fala dunha realidade presente na sociedade actual, esas cadeas que nos amarran a seguir as modas pero el explicounolo dun xeito humorístico que nos entretivo moito. Sinceramente creo que é a primeira vez que me apetece moito ler in libro de poesía, non é habitual que me guste este xénero literario.
Sin dúbida unha das mellores visitas que nos puideron traer. (Carlos Burés)

Gustoume moito a exposición de Carlos Negro, sobre todo cando lle cortou o pelo a boneca. Entroume curiosidade por ler o libro. (Inés)

Eu creo que Carlos Negro é un home que se sabe gañar ao público e demostrouno tanto na temática tratada no libro como na exposición.  Rompeu cos esquemas en tódolos aspectos e puxo fin ao prexuízo da seriedade dos autores. Non sei se con esa temática triunfará noutros lugares, pero no IES Félix Muriel conseguiu que numerosas persoas se interesasen polo libro e que o teñan pensado ler.  Claro que hai que ter en conta que Últimas Tendencias, como ben dixo na exposición, é so como un fío que desembocará na lectura de poesía máis complexa e máis madura. (Cristina Cambeses)

Persoalmente a presentación resultoume estupenda, conseguiu chegar perfectamente á xente da nosa idade. Ademais foi moi gráfica e conseguía que enlazáramos certas imaxes cos poemas véndoos mellor. Creo que a súa mesaxe nos chegou moi ben e deunos algo no que pensar. (María López Mosquera)

Podo afirmar que cambiou o meu punto de vista sobre a poesía. Supoño que a isto axudou bastante a temática tan actual do libro. Foi unha charla moi entretida. (Lucía Gil)

A exposición foi moi entretida e deixou moi boas sensacións sobre o pouco que vimos do libro e con ganas de ler máis. Ademais é unha temática moi próxima á nosa idade, polo que a curiosidade por ler o libro é maior. (José Ramón)

Con respecto ao libro considéroo como mínimo interesante. Trata un tema moi actual, renovador e que interesa á xente da nosa idade. O feito de que estea escrito en poesía non dificulta a súa mensaxe, senón que a amplifica, conseguindo que cada palabra teña máis pegada na mente do lector. Mediante os sentimentos e os pesamentos dunha moza, logra que o lector comece a dubidar tamén. É un libro que recomendaría ler. (Lucía Ordóñez)

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.