Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
A escritora Marta Rivera rebótase contra o galego

   imagesA estas alturas xa non se sabe que próxima personaxe lle dedicará una faltada máis ao galego. Hai uns meses foi unha xornalista  e escritora de orixe galega: Marta Rivera de la Cruz. Nacida en Lugo no 1970, foi finalista do Premio  Planeta en  2006 coa novela En tiempo de prodigios pero ademais en Galicia é coñecida polos seus ataques cara ao galego, coma o último protagonizado arredor do topónimo A Coruña.

En 2008 mostrara o seu apoio a Galicia bilingüe, mediante una carta na que criticou que algúns fosen considerados estranxeiros na súa propia patria, por escoller como medio de expresión o idioma do castelán. Isto fixo que tivese fortes críticas o ano pasado cando foi escollida pola administración para que, na homenaxe a Rosalía de Castro nos 150 anos da publicación da súa primeira obra, recitase uns versos do poema Cantares Gallegos.

                                                            jkbyf

No mes de febreiro pasado, Marta Rivera de la Cruz seguiu levantando ampolas no corazón dos galegos, como aconteceu na presentación do seu novo libro en A Coruña.

O malestar comezou cando a autora se referiu á cidade como “La Coruña” e un dos presentes lle dixo que o nome da cidade era “A Coruña”; ao que outros lle sumaron o feito de que a “L” sexa da etapa do franquismo.

Ante esta situación a escritora en vez de correxir o anteriormente dito e dicir A Coruña (aínda que só fora por quedar ben diante do que se supón o seu público e os medios alí presentes), respondeulle ao señor que debía de estar baixo os efectos de droga, cousa que está  baixo o meu punto de vista fóra de lugar, por relacionar o “L” de La Coruña co franquismo, o cal demostra que a pesar de ser unha boa escritora (mérito que non se lle pode sacar, por ser finalista dun premio tan importante como o Premio Planeta) deixa moito que desexar en educación e en cultura tanto histórica como lingüística “da súa patria” (como moitas veces se refire ela a Galicia, para dicir que moitos de aquí son considerados estranxeiros por empregar o castelán en vez do galego).

Quizás como galega que é, se como tal se sente, debería saber empregar, ou polo menos coñecer, o galego e saber nomear os lugares “da súa patria”; posto que se nos enfada cando un extremeño ou un malagueño pronuncian mal o topónimo da cidade herculina, que será cando se escoita da boca dunha  galega…

Ademais non viría mal recordar, que á Lei de Normalización lingüística di que as únicas formas válidas para os topónimos son as galegas, aínda que se fale castelán. De feito ata se enteraron nos telexornais nacionais, onde xa pronuncian A Coruña, Ribeira, Sanxenxo… e non castelanismos que nalgúns casos os propios galegos creamos como: Sangenjo, Puenteceso ou La Coruña.

Ademais a escritora debería saber controlarse, xa que é unha persoa exposta ao público na súa profesión e non debería tratar mal ou contestar mal a unha persoa que vai á presentación dos seus libros. Creo que máis que nada a máis perxudicada é ela e as súas obras, xa que a educación e a reputación da escritora e xornalista bastante danadas.

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.