Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
23 de abril, día do libro

Artigo: Carla Tubío (PCPI-2)
Imaxes: Pablo Suárez e Carla Vidal (PCPI-2)

Pablo Suárez. PCPI-2Libros? Algunha vez os seus propios fillos lle preguntarán que é iso. Cada día os libros utilízanse menos, xa están “pasados de moda” e o que máis se
usa agora son os chamados eBooks, tamén coñecidos como libros electrónicos.
Como a moitos outros asuntos, ao libro tamén se lle adica un día ao ano, pero ese é o único día do ano no que nos temos que acordar deles?
Os libros, aqueles obxectos xa case de anticuario, que cada vez que pensamos neles nos reportan á nosa infancia, cando eran o noso único soporte cultural e a calquera estudante lle resultaba practicamente imposible facer a súa carreira sen eles.
A celebración en España deste día chegou no Século XX e alúdese a varios motivos. Uns din que para conmemorar a morte de Cervantes; outros, que para lembrar a morte de Shakeaspeare; aínda outros, para honrar o inca Garcilaso de la Vega; os cataláns, para celebraren o Sant Jordi, cabaleiro morto nesta data, quen, despois de ter vencido ao dragón que aterrorizaba o reino da Capadocia, entregou á súa princesa a rosa que do sangue do dragón nacera e ela regaloulle un libro.
Unhas simples follas de papel merecen tanta celebración porque nelas pódeste refuxiar, podes transportarte a outros lugares e incluso crear outros mundos.
Mais hoxe os libros non están de moda. A sociedade actual le e le máis que en épocas anteriores, pero cambiou os seus soportes de lectura. As estatísticas falan de que está previsto que en 2017 os eBooks superen aos libros impresos. E, seguramente, o máis grave aínda estea por chegar, pois veremos os libros impresos convertidoCarla Vidals en obxectos de museo, substituídos polas novas tecnoloxías.
Desde os meus 18 anos, animo aos xoves a que sigan utilizando os libros impresos, a que se deixen levar polo seu tacto e polo seu olor, a que se deixen atrapar polas marabillas que agochan porque son quen de permitirnos soñar cun mundo mellor.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.