Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Ilustrar “Penélope”

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza…

Poema musicado que se pode escoitar no minuto 1:30 deste vídeo

Na Coordinadora de ENDL do Barbanza, da que o noso centro forma parte  acordouse que entre todos iamos ilustrar o poema Penélope de Díaz Castro, homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Ao noso centro tocoulle ilustrar o título e mais o último verso.  Comezamos a actividade… Cando teñamos as mellores ilustracións, xa as mostraremos!

De momento, deixámosvos a letra dun dos poemas máis famosos nos que se denuncia a pasividade que había no noso país, unha Galicia que permanece durmida.

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.

 Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envolveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día                   

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

 

Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco o Outono.

¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!”

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.