1º finalista de Microrrelatos
FELICIDADE
Ela era feliz con el.
El era feliz con ela.
Cambiaron o seu corazón de papel por un de folla de lata. A próxima vez sería máis difícil que llo rompesen.
SERGIO LAMAS, 1º BACH-A
2º finalista de Microrrelatos
Cando se deu conta do seu amor, o corazón dela xa tiña outro lugar.
JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ CAAMAÑO. PCPI – 2
1ª finalista de Cartas de amor
CADA DÍA É UN 14 DE FEBREIRO
Un ano máis sentada aquí, no cemiterio, chorando por ti. Un ano máis no que ti xa non estás comigo, un ano máis botándote de menos. Un ano máis…
Non penses que só me acordo de ti o 14 de febreiro, acórdome de ti os 365 días do ano. Gustaríame terte aquí, pero consólome pensando que estás ben, que me deches a felicidade nos anos que estiveches comigo. Cada día, recordo cada momento, cada segundo, como podíamos pasar horas xuntos como se fosen segundos. Aquí deixaches persoas que te querían, que che coidaban e ás que ti coidas agora dende aí arriba.
Non dubides que nunca te esquecerei, que te quererei sempre e que a túa felicidade tamén foi a miña. Xa sabes, o único que che podo prometer é que o teu corazón non deixará de bater mentres estea vivo no meu.
CARLA TUBÍO. PCPI-2
2ª finalista de Cartas de amor
Querida avoa,
Xa hai tempo que non falamos e quería que soubeses como van as cousas por aquí.
O avó xa non ten o sorriso de sempre. Ir á casa xa non é o mesmo sen ti, sen os teus abrazos e sen os teus bicos. Até me parece que non ten aquel olor a frescura. As festas xa cambiaron, non se beben os licores e tampouco se canta, só se ve a tele. Sei que ti non quererías que as nosas vidas cambiaran cando ti marcharas, pero resulta imposible. Cada cousa que facemos supón pensar en ti. Lémbrome de como te rías cando estoupaba os globos co cu ou mesmamente como comías as salsas da carne.
Avoa, sería xenial volver atrás e aproveitar todo aquel tempo perdido, pero sei que as cousas pasan por algo e só se viven unha vez.
Xa me vou despedindo, pero só por hoxe. Até que nos vexamos, ti espérame.
Quérote moito, avoa!
CARLA FERNÁNDEZ. PCPI-2
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]