Manel Fernández Ínsua (2º Bac. B)
Actualmente a inmensa maioría da sociedade está pasando por una etapa de crise económica. Pois se ben nun principio o modelo político-económico capitalista parecía ser o ideal para esta sociedade, como dicía o propio Keynes, o certo é que agora parece que o estado de benestar infinito que propugnaba semella ser algo utópico.
Esta crise déixase notar, en maior ou menor medida, nas tres cuartas partes da poboación.
Así pois, vemos que tan só una minoría parece non preocuparse por este problema xa que non lles afecta o máis mínimo. Poderiamos dicir que esta minoría son persoas cun alto poder adquisitivo e que viven moi ben a consecuencia de enganar ó resto dos cidadáns, estes son, xa que logo, os políticos.
Despois desta análise podemos ver que o feito de falar de crise económica nos leva a falar de xeito inmediato de crise política xa que son precisamente os políticos quen levan o temón neste ámbito e que, por conseguinte,son eles os causantes desta crise. Ademais, parece ser que esta crise non é motivo suficiente para facer entrar en razón a estes para que cesen accións que non fan máis que empeorar a situación actual como a corrupción.
Feitos como estes son os que levan ós cidadáns a desconfiar deste sistema e a propoñer un cambio inmediato, ben sexa por medio da violencia mediante protestas reflectidas en pequenas revolucións protagonizadas por rebeldes ou de forma máis pacífica, como a que Pedro Nimo levou a cabo. Este atleta decidiu renunciar a calquer tipo de axuda económica que fose concedida por parte do Estado de España ou de Galicia cobrando tan só os beneficios que as marcas estranxeiras lle concedían pola publicidade.
Malia todo, as bolsas de axuda que anteriormente recibía este deportista apenas superaban os 500 euros ao ano, una cifra insignificante se temos en conta que o atleta é de nivel profesional e que ten opcións para participar nuns Xogos Olípicos. Entón, é normal a súa decisión. Con isto, o que Pedro Nimo intenta dicir é que debemos protestar contra as inxustizas pero de maneira colectiva, é dicir, loitar todos unidos polos nosos dereitos que nos corresponden e que vemos que pouco a pouco parecen que nolos están quitando das mans, sen que opoñamos ningún tipo de resistencia.
Pero, o peor de todo é que algúns políticos en Galiza ven agora en Nimo un carácter egoísta. Os seus argumentos baséanse en que, ante a situación que vivimos hoxe en día de crise onde a sociedade está salpicada por problemas sociais con moitas familias en paro ou incluso desahuciadas, o deporte debe de ser solidario e como consecuencia ten que sufrir descensos no súa capacidade de gastos, tanto en axudas a deportistas como a clubs deportivos, federacións, xuíces, entrenadores…Pero levan eles mesmos á práctica a súa teoría? Tamén apretan eles o seu cinto? Que se pode esperar destas persoas que teñen un soldo por riba sempre de 2000 euros ao mes e que non soltan un céntimo cando son precisamente eles os que din que hai que ser solidario nestes tempos?
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]