Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Como cho digo!

Por Fátima Somoza (2º Bac.B)

comochodigoCo obxectivo de reflectir a realidade en galego nos diferentes medios de difusión e comunicación, libres de calquera tipo de traducións, a CTNL(Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística) presentou á sociedade unha nova campaña de visibilización do uso do galego nos medios. Este proxecto foi presentado o pasado martes 25 de marzo de 2014 no espazo cultural “A Nave de Vidán”, en Santiago de Compostela.

A anterior campaña levada a cabo pola CTNL, merecedora do Premio Xoán Pintos,contou co apoio dunha gran cantidade de persoas anónimas. Nesta, a meirande parte dos apoios xurdiron de figuras e asociacións importantes no panorama galego como María Reimóndez, Uxía Senlle, Najla Shami, Nel Vidal, Yolanda Castaño, Sés, Manuel Rivas, Roi Casal e Rosa Aneiros, entre moitos outros. Os seus son un claro exemplo do que se reclama con esta campaña xa que experimentaron ao longo da súa carreira algunha vez as traducións que os medios facían ao castelán en discursos, declaracións ou entrevistas ás que realmente responderon en galego; pero non se reflectiron nesta mesma lingua á hora de poñer esta información á vista do pobo.5332a0b13322d-1972478_1418768088379553_1842312303_n

Para dar a coñecer “Como cho digo”, fíxose uso da popularidade dalgúns dos primeiros promotores desta iniciativa, quizais tamén para ampliar os horizontes e o impacto na sociedade e influír positivamente na normalización do galego nos ámbitos públicos e formais e amosando a convivencia do galego e do castelán no noso territorio.

Por suposto, independentemente da gran cantidade de importantes figuras que secundan a campaña, as portas están abertas a toda persoa que desexe ser partícipe dela.

Mediante ela, inténtase unha vez mais concienciar á poboación contra situacións diglósicas que a lingua galega sofre neste caso nos diferentes medios de comunicación para facer uso así dos seus propios dereitos individuais como cidadáns a que as súas verbas sexan empregadas ou citadas textualmente en galego, se así o deciden.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.