Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
As rulas de Bakunin: isto foi o que me pareceu

Baixo unha personalidade, Camilo Sabio Doldán Patiño,  é capaz de reunir Antonio Riveiro Coello algúns dos acontecementos máis decisivos da historia galega. Nas Rulas de Bakunin non faltan mencións á represión, ó exilio, ao agrarismo, a restrición de liberdades, á guerra, ó cárcere… En resumo, ó temor intenso das paisaxes conmovedoras do pasado.

Nesta novela o personaxe protagonista, fai un percorrido pola súa vida. Nado en Celas, marcha a estudar a Vilanova onde vive cunha tía chamada Lola, que leva vinte anos agardando polo seu mozo Ricardo Fandiño, emigrado en América. É na súa época de estudante onde coñecerá a moitas persoas que repercutirán directamente nos súas vivencias posteriores. Alí coñece a Rosalía, a súa muller, e a Alexandre e outros amigos anarquistas cos que irá cultivando a súa semente revolucionaria. É ese espírito anarquista e nostálxico de liberdade o motivo polo que Camilo será perseguido e terá que agocharse no monte á espera de que finalmente o apresen como efectivamente ocorre.  No cárcere ten como compañeiro un libro que pertencera a seu avó Estevo e que será o que o salve. Malia todo, corre o risco e non ten outra que marchar ao exilio a Montevideo acompañado da súa muller Rosalía e tendo que deixar a súa filla Branca coa que se reunirán posteriormente. Despois dalgún tempo volven, porque reciben aviso da enfermidade da nai de Camilo. Ao final da historia amósase a resolución dos dous principais problemas que preocupaban ao protagonista xa vello: a recuperación da vista do seu neto Lázaro e a fin da busca do libro de seu avó Estevo.

En conclusión, un libro que encerra tantos temas, tantas reflexións e tanto amor. Un libro que percorre unha historia. Un libro que se le de présa, con saltos no tempo, con facilidade. Un libro de aventura, realista, ben redactado, entretido, que engancha e fascina é un libro que merece ser lido. Animádevos.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.