Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A orixe das cantigas de escarnio no entroido galego

O terceiro dos grandes xéneros da Lírica galego- portuguesa, componse polas 430 cantigas de escarnio e maldizer, que teñen un carácter moi homoxéneo, non teñen cabida nas cantigas de amor ou de amigo e, polo tanto, engadíronse directamente neste xénero.

A principal diferenza entrSymphonia_Cantigas_Sta_María_160e as cantigas de  escarnio e as de maldizer (ambas utilizadas para burlarse de individuos e costumes) é que as cantigas de maldizer fano de forma directa e obscena, mentres que as cantigas de escarnio utilizan xogos de palabras, dobres significados e palabras encubertas (Equivocatio). Semella moi fácil clasificalas sabendo isto, mais non é así… Xa que descoñecemos moitos dos termos utilizados nesas cantigas e necesitamos saber se naquela época termos que a nós poden parecernos obsecenos ou non, tiñan para eles o mesmo significado.  Na época destas composicións, as cantigas eran interpretadas diante dun público, ver esas interpretacións axudaríanos moito a coñecer o que querían transmitir realmente esas cantigas.

Nestas representacións, vese a confluencia entre o sirventés provenzal e a tradición satírica autóctona de transmisión oral relacionada co Entroido, que naquela época, como agora, baseábase en ridiculizar personaxes e costumes a través de disfraces e outros métodos. Por iso, estas cantigas foron moi ben acollidas na época.

A pesar disto, foron censuradas xa que os estudosos considerábanas excesivamente obscenas e por iso cuestionaron a súa calidade.

Porén estas cantigas posúen un grandísimo valor histórico, xa que a partir delas podemos coñecer a situación que vivía a xente desa época. Ademais, as cantigas de maldizer son as que máis aparecen nos nosos Cancioneiros e as que diferencian a nosa sátira da do sirventés provenzal, xa que as nosas cantigas burlescas non tiñan finalidade moral, só buscaban provocar a risa, polo tanto deberían ter un nome propio, cantigas de burlas.

Estas cantigas de burlas, son as que continúan entre nós co paso do tempo, as máis utilizadas na poesía contemporánea de denuncia e tamén presentes nalgún xénero musical, como o rap.

Fontes: Literatura Galega

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.