Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A orixe da cantiga de amor e a orixe da cantiga de escarnio

Carlos Piña (1º Bacharelato-A)

AS CANTIGAS AMOROSAS

Para atopar o orixe das cantigas de Amor, é necesario ollar previamente a evolución das cantigas de Amigo, coa fin de demostrar así que proveñen destas últimas e que os prexuízos culturais entre ambos tipos de composicións non teñen sentido. Se queremos conseguir isto debemos primeiro coñecer a orixe da cantiga de Amigo, dela sabemos que é común a un mesmo tipo de cantigas común a diversos pobos cunha voz feminina coma protagonista, a cal xa se desenvolvera previamente na Península Ibérica coma kharxas e que en certo modo puideron influenciar ás cantigas galego-portuguesas, xa que tratan a mesma temática e comparten algunhas características. Outro dato importante é que tanto as cantigas de Amigo coma as cantigas trobadorescas provenzais foron desenvoltas aproximadamente no mesmo tempo, pero en espazos diferentes, mais a popularización do Camiño de Santiago fixo chegar a Galiza influencias culturais doutros pobos, entre as cales destaca o lirismo provenzal, provocando así un choque entre ambas literaturas xa desenvoltas dando lugar a unha lírica galego-portuguesa que incorporaba un novo protagonista masculino típico da cançó provenzal, primeiro dialogando co eu feminino tradicional e finalmente adquirindo todo o protagonismo da cantiga, dando lugar ó que foi coñecido coma cantiga de Amor.

Finalmente podemos concluír, resumindo que, a pesar da  influencia estranxeira, tanto a cantiga de Amigo coma a de Amor teñen unha orixe común, polo que resulta absurdo asocialas a diferentes contextos sociais, e aínda máis sabendo que os mesmos autores acostumaban a compoñer ambos tipos de cantigas indistintamente.

AS CANTIGAS DE BURLAS

Se ben o nome de cantiga de escarnio e maldizer é válido, podería dar lugar ó erróneo pensamento de que ten unha intención puramente adoutrinadora, cando en realidade non é así. Isto ven dado pola influencia sabida que tivo o sirventés provenzal sobre estas cantigas nosas, pois este xénero si tiña carácter adoutrinador. Aquí non podemos esquecer o importante influxo da tradición satírica autóctona máis relevante para as nosas cantigas satíricas: o Entroido. A cantiga de escarnio e maldizer, a diferenza das cantigas provenzais, buscaba meramente causar a risa no espectador burlándose dunha figura, costume ou posición determinada. É por iso que se propón a denominación de cantigas de burla para o teceiro grande subxénero da nosa Lírica Medieval, xa que esa era a finalidade última da lírica satírica galego-portuguesa, moito máis que invitar ós oíntes á reflexión mediante unha crítica seria ou tentar inducir un cambio moralizante no elemento criticado coma os trobadores provenzais acostumaban facer.

Outra evidencia do carácter burlesco da nosa lírica satírica é a ampla presenza das cantigas de maldizer fronte ás de escarnio, que non eran tan abundantes, pois estas composición non ían dirixidas a un público culto nin por escrito, senón que eran interpretadas fronte a uns espectadres nunha actuación parateatral, polo que sería posible introducir con máis facilidade a burla nun texto cunha linguaxe simple,como é o caso das cantigas de maldizer, que aparecen cheas de termos con dobre sentido; pola contra nas de escarnio, en moitas ocasións, pasaban desapercibidas as intencións orixinais do autor.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.