O sábado 15 de febreiro veu Sés, unha cantante galega da Coruña, a facer un concerto no auditorio de Rianxo.
O concerto comezou ás nove da noite e desde as oito e media comezou a entrar o público, que encheu o patio de butacas. Cantou cancións do primeiro disco, como “Tempestades de sal” e “Admirando a condición” e mais do segundo, por exemplo “Co xenio destrozado”.
Tamén aproveitou que estaba en Rianxo para cantar “De catro a catro” unha canción homenaxe a Manuel Antonio, e para interpretar “Unha mañá de setembro” acompañada da frautista rianxeira Sabela Galbán.
María Xosé Silvar, coñecida como Sés, canta en galego rock, blues, milongas, e moitos estilos máis. Ten publicados dous discos, “Admirando a Condición” e “Co Xenio Destrozado” e fixo varios concertos por toda Galiza. É moi probable que sexa unhas das mellores artistas galegas da actualidade.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]