Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Persoas diferentes, gustos diferentes.

Como é a miña primeira publicación que fago aquí, a verdade é que non sei moi ben por onde comezar, pero espero que me saia medianamente ben este artigo que quero publicar.

Algo ao que todos nos expoñemos diariamente é ás críticas.
Actualmente está moi de moda iso ao que lle chaman “bullying”; supoño que todos saberedes o que é iso, pero para aclarárvolo direivos que, o bullying é unha enfermidade que sofren as personas que son menos fortes ante a crítica social, acosadas verbal e fisicamente por xente que se cre superior a esas persoas e pensan que insultándoas serán mellores, cando, na miña opinión, o único que fan é dar pena e descalificarse a si mesmas. Eu, por exemplo, non me considero unha persoa débil ante os demais, pois se teño que dicir algo fágoo; pero teño amigas que non son así e pásano verdadeiramente mal.

No que me quero centrar con este artigo é  nuhna práctica que eu podo contarvos de primeira man, nos insultos que eu persoalmente recibo a diario polo simple feito de que me guste One Direction, un grupo musical que non é do agrado de todo o mundo, pero eu considéroos os meus ídolos e pido tan sequera que se me respecte por iso. Por exemplo, algúns compañeiros da miña clase e de todo o instituto, métense diariamente comigo por comentarios tipo “Gay Direction”.  A verdade é que non me molesta, porque estou tan acostumada a iso que se converteu nunha rutina para min, e a fin de contas unha acábase acostumando á rutina. Ou tamén me teñen dito algo como “escoita música de verdade e deixa de escoitar iso que nin música é”. Segundo o dicionario, a música é algo agradable aos oídos, e para min a súa música é agradable; así como a min me encanta o amarelo e hai outra xente que prefere o laranxa, tamén me gusta One Direction como a outra xente lle pode gustar Extremoduro.

E algo que me cuestiono diariamente é: Por que a xente os insulta polo simple feito de que non lles gusten? Por que non son capaces de respectar os gustos dos demais e despois eles piden respecto polos seus? Por que, se non lles gustan, están seguido a mencionalos? Sinceramente, non entendo por que a xente é capaz de pedir que sexa respectada cando eles non fan iso.

Con este artigo, o único que quero dar a entender é que deixedes de criticar a xente porque teña uns gustos diferentes aos vosos, porque cada persoa é diferente e ten milleiros de gustos. Así que, antes de insultar a alguén, pensade antes o dano que lle podedes provocar con certas palabras que para vós son risas durante uns minutos e ao mellor para el ou ela son meses de rehabilitación.

bullying




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.