Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
Os amantes de Santa Marta

Era un lugar ao lado do mar, Santa Marta. Unha vila feliz e cunha grande riqueza. Alí vivía Azucena, unha rapaza loura moi fermosa que estaba namorada de Erick, un estranxeiro de boa familia, alto, louro e moi traballador.

Cada mañá, ao ir polo camiño que ía á leira de Manuel, víanse. Azucena arrubiaba, Erick tremía. O amor estaba claro entre eles, como dúas ruliñas.

Un bo día de maio, Azucena saíu ao mercado a comprar o pan. Decantouse polo pan de millo e foi collelo cando… unha man petou coa súa. Era Erick. Azucena arrubiaba, Erick tremía.

corazón2Pola tarde a rapaza foi á praia dar un paseo. Mirando as cunchas na area non viu con quen se espetara, levantou a vista e… Azucena arrubiaba, Erick tremía.

Cun bico chegou o anoitecer e collidos da man, na praia, quedaron a ver a posta de sol. Azucena arrubiaba, Erick tremía.

Rebell Fleur




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.