Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
Os amantes de Santa Marta

Santa Marta era un lugar moi fermoso situado preto do mar onde ían os namorados a xurar o seu amor. O 14 de febreiro de 1999 unha parella foi a ese lugar, pero en vez de xurarse amor eterno, foron para resolver os seus problemas e as súas diferenzas.

Desgrazadamente, a rapaza morreu por causa dunha forte onda que a levou ata o fondo do mar. O rapaz, todo apenado, non quería sen ela e tirouse ao mar en busca da súa morte.

corazón2

Unha parella que estaba tamén alí viu o que o rapaz quería facer e foron chamar á policía para que os axudase. A policía rescatou o rapaz e levárono para un hospital nunha ambulancia.

O rapaz estaba en coma e todos os esforzos dos médicos por reanimalo foron inútiles.

Desde aquel día, o lugar de Santa Marta é coñecido como o lugar onde a xente morre por amor.

Marta




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.