Xa rematamos de ler ” O homem que plantava árvores” tradución ó portugués da obra do autor francés Jean Giono, que presentamos nun artigo publicado hai un tempo.
Somos alumnas de portugués e escollemos ler o libro nesta lingua. Cremos que é fácil a súa comprensión polo que volo recomendamos a todos vós.
Na obra está moi presente a importancia da natureza e a idea do traballo diario e a solidariedade. Fíxenos ver moi claramente como a ausencia de vexetación nunha rexión pode condicionar a vida das persoas e mesmo o seu carácter.
O protagonista busca, recuperar unha rexión francesa esquecida e desolada para alegrar á súa poboación. Saber se o consegue ou non está nas vosas mans….. Nós só vos dicimos que nestas poucas páxinas conseguiu engancharnos para lelo sen parar, ademais de provocar en nós o entusiasmo por viaxar á Provenza e aos Alpes franceses.
Tamén nos fixo reflexionar, ademais da necesidade de protexer o medioambiente, sobre a inxenuidade das persoas .
É un libro positivo e recomendamos fondamente a súa lectura porque, ademais da interesante historia, deixa un pouso de benestar ao acabar de lelo.
Esperamos ler máis libros ó longo do curso. Manterémosvos informados e informadas!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]