Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O galego máis alá de Galiza: O val do Ellas

A realidade lingüística desta área xeográfica estremeña difire coa do seu contorno. Nos tres concellos que conforman este territorio (San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno) a lingua utilizada maioritariamente polos seus habitantes non é o castelán, senón unha variedade do galego.mapaGZ

Nin España nin Estremadura, recoñecen a situación lingüística desta zona, e negan tamén a galeguidade da mesma, e  non promoven polo tanto, ningunha iniciativa de recoñecemento. Esta despreocupación e negación das autoridades atópanse en clara contradición coa Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (2007) que defende o traballo de protección e impulsión das linguas propias de cada comunidade.

Ademais non falamos dunha lingua cunha escasa utilización no seu  territorio, estamos a  referirnos a unha fala cuxo  uso é altísimo. Máis do 90% da poboación ten esta forma do galego coma lingua habitual, e incluso dende o ano 1991, moitas rúas están rotuladas neste idioma .

Existe xa que logo un grande orgullo e defensa da lingua propia entre os seus falantes, quen por outra banda non dispoñen dun acceso a unha aprendizaxe estándar. Só no curso 1997-1998 foi introducida a aprendizaxe da fala local na escola, coma materia extraescolar curricular e baixo o sobrenome de “Taller de lengua”. Mais ao ano seguinte a Xunta estremeña retirou a subvención para esta materia, e non se volveu a impartir.

Existe xa que logo unha necesidade de normativización desta lingua, que os organismos públicos non parecen estar dacordo en conceder. No entanto queda o orgullo dos 5000 habitantes desta zona do noroeste de Cáceres, que a defenden a pesar de todas as trabas administrativas e institucionais.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.