Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Gañadores do concurso “Rianxo fala desde o corasón”

PALOMA 1ºBAC-C. corasonO fallo dos diferentes  xurados dos tres concursos -organizados polo noso ENDL- que se desenvolveron entre a Candeloria e San Valentín (fotografía, microrrelatos e cartas de amor) deuse a coñecer onte, 27 de febreiro de 2014. Parabéns aos gañadores!

Este é  a foto gañadora do concurso de fotografía de corasóns neste curso. , outorgoulle o premio a Paloma Castro Tarela de 1º Bac. C.  

O Microrrelato gañador foi o de Mateo Rodríguez (1º Bach B)

E cando non lle saían as palabras, eran as cancións as que falaban.

E a Carta de amor de Xeila Romero (PCPI 2):

¿Lembras o teu primeiro paso? ¿A primeira vez que batiches contra o chan?  Nacemos e choramos, crecemos e sorrimos e, co paso do tempo, decatámonos de que non é un ou outro extremo. Existe un termo medio que non sempre somos capaces de atopar, unha foto, unha canción, un libro talvez. Xente que vai, xente que ven, e ti ves como pasa ao teu redor, sentes e calas, calas e choras, choras e ves como se escachan os esquemas. Os plans de futuro que con tanta ilusión o teu maxín construía esfarélanse. Perdes a noción de quen es e do que un día fuches. Senteste vacía, sen identidade, perdida nun mundo ao que dis non pertencer, soa. E cando estás a piques de caer aparece el. Co seu sorriso, coa súa forma de ser, disposto a dalo todo por ti, a quererte como ninguén te quixo, a protexerte, a coidarte.

Faiche unha das proposicións máis fermosa da túa vida e, con medo, aceptas. Pasa o tempo e de súpeto apágase a luz, a música deixa de soar e, no seu lugar, unha morea de lembranzas invaden o teu maxín. Sen saber por qué un leve sorriso debúxase na túa faciana. Unha vez máis grazas a el, á persoa que lle dá sentido a todo, aínda que nada teña.

El estivo onte, está hoxe e estará mañá. E dime algo. ¿Quen dixo que namorarse era complicado? Namorarse é sentir , soñar esperta, ter un motivo polo que seguir, unha ilusión. Deitarse cada noite lembrando un sorriso, un ollar. Espertar desexando que pasen os minutos, as horas para velo.

Rifas, reconciliacións, momentos de baixada que non tardan en transformarse nos mellores da túa vida. Caer xuntos e manterse arriba. Sentir que o es todo para alguén e que ese alguén o é todo para ti…

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.