Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Do Día de Rosalía á Semana de Rosalía

IMG_20140221_123622IMG_20140224_102233Un día parecíanos pouco, así que acordamos dedicarlle varios días á autora de Cantares. Este ano, no día que se cumpría o 177 aniversario do seu nacemento enchemos o centro con poemas dela, coas súas obras, con poemas que o alumnado fixo para ela, con recreación de poemas seus… con antoloxías poéticas coma a que presentamos no artigo anterior…

Todo comezou no local do ENDL co alumnado rotulando os anuncios  que logo colgariamos polo centroIMG_20140221_102020.

Mais tamén houbo traballo previo entre o alumnado que reescribiu a Rosalía… Poemas de Cantares e de Follas foron reinterpretados polo alumnado cunha estética máis “actual”. E así encheron a cafetaría, de xeito que a xente que foi tomar café hoxe puido ler as súas creacións:

IMG_20140224_102031

 

IMG_20140224_102219 IMG_20140224_102046

Mais non facía falta ir tomar un café para saber de Rosalía hoxe no Félix Muriel… Con entrar no centro xa se podía ver a mesa coa bibliografía e mais o taboleiro informativo..

IMG_20140221_123604IMG_20140224_142638

 

Mais seguimos ata o vindeiro xoves, cando Helena Villar Janeiro vai vir impartir unha charla-conferencia para alumnado de 2º e 3º da ESO sobre a autora. Ese día escoitaremos ao alumnado que leva semanas ensaiando poemas seus musicados…Para daquela xa vos informaremos!

Ah, e aínda nos queda que seque  a parede na que aparecerá o graffiti! Malo será que non escampe, non é? De todo habemos dar debida conta.





Un comentario en “Do Día de Rosalía á Semana de Rosalía

[…] no IES Félix Muriel de Rianxo: «Un día parecíanos pouco, así que acordamos dedicarlle varios días á autora de Cantares. […]

Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.