Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Cartas de amor: mención especial á orixinalidade

OLYMPUS DIGITAL CAMERAUnha vez publicadas a carta gañadora e as dúas finalistas do concurso de Cartas de amor, quédanos publicar dúas que non tiveron os votos suficientes para recibir un premio pero si que lles outorgamos unha mención especial desde o ENDL pola súa orixinalidade: “Carta á miña cama” e  “Carta ao meu felino”… xunto con outra fotografía que non recibiu premio pero que tamén é orixinal.

Querida cama:

O noso amor é imposible xa que a decisión está tomada. Esta vez non hai volta atrás. Depois de tantos anos e tantas cousas que pasamos xuntos, chega o momento de despedirse. Eu sigo estando moi contento contigo, pero miña nai di que xa é hora de cambiar o cuarto e non encaixas na nova decoración. Alá onde vaias, aínda que  non esteas, eu seguireiche recordando. Nunca me esquecerei de ti. Lembrarei cando nas frías noites de inverno me abrigaches, mentres fóra sentía o forte vento zoar e a chuvia caer coma chuzos. Que dicir desas veces que, xogando ás agochadas, na casa, servíasme para gañar a partida meténdome debaixo de ti. Agora que xa nunca máis volverá a ser como antes, só me queda dicirche que o noso amor vivirá para sempre, xa que eu nunca me olvidarei de ti.

Adeus, miña cama!

———-

Querido felino meu:

Grazas por ese cariño incondicional que me dás.

Grazas por encher os meus xerseis de pelo e de rascarme as posadeiras da moto con tanto cariño.

Gústame como te restregas cando che dou penso antes de ir para o instituto.

Non me agrada que me rasques os sofás nin que te deites nas miñas mantas, posto que son alerxico ó teu pelo, pero todos os seres vivos, por moi perfectos que sexamos, temos defectos.

Á hora de comer gustame terche enfronte da ventá e darche unha cunca de leite ó rematar. Cando noto as túas unllas nas miñas mans, sinto dor ó mesmo tempo que unha leve mostra de amor.

 Sei que non che fago moito caso e que a maioría das veces escapas de min, pero aínda que sempre demostrara odio cara os da túa especie, gústame terche no meu regazo as frías noites de inverno.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.