Imaxe de cabeceira
Sabías que...
“Arsénico por compaixón”, a comedia sopra este ano 70 candeas

images

Tronzante, divertido, agudo, enxeñoso… Son algúns dos cualificativos que podemos utilizar para referirnos a este filme, dirixido por  Frank Capra (con 3 premios Óscar no seu historial) e protagonizado polo sempre xenial  Cary Grant.

O argumento ten todos os ingredientes para gozar do cinema: orixinalidade, tensión, comedia e situacións de todo disparatadas cando a vida cotiá da familia de dúas irmás anciás de Brooklyn, bondadosas e piadosas, se amosa na pantalla. Mortimer (Cary Grant) verase inmerso nas loucuras

familiares tentando poñer unha certa orde nas inxenuas pero perigosas fazañas das súas tías. 

Pode que non sexa obxectiva ao tratar  esta obra cinematográfica, pois ocupa dende logo un dos lugares de honor da miña lista de filmes imprescindibles, pero quizais unha crítica afagadora na actualidade e a súa ficha técnica sexan argumentos dabondo para celebrar o aniversario especial que merece:  rir unha vez máis con ela.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.