Estivemos lendo Agosto do 36, un libro que se remonta ao inicio da Guerra Civil española, guerra na que os falanxistas xuraron limpar España de comunistas e herexes. Esta realidade faise patente coa historia de Sara e o seu marido, Gregorio, unha parella de mestres de Abades de ideoloxía vermella, vítimas da trama dun asasinato coñecido como un paseo, ao final do cal lles esperaba unha morte violenta. A acción foi levada por un grupo de catro falanxistas axudados pola información que o taberneiro, Lázaro, lle traía dos veciños da aldea. A atrocidade toma forma na persoa do falanxista xefe, Manuel, que leva a cabo unha vinganza que vai máis alá de ideoloxías e achégase a razóns persoais. Resulta ser que as únicas forzas que moven o orgullo de Manuel son as forzas do amor en da vinganza cara á muller da que estivera e está namorado, a mesma que mandou atar a unha árbore na aldea misteriosa da Touza e que aldraxa, humilla e emprega como cebo para coller o seu marido, Gregorio. E este, tras ser informado de que estaba na lista para darlle o paseo, bótase ao monte mantendo a comunicación coa familia a través do característico son da perdiz.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]