Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Unha literatura en anacos…

A literatura galega é relativamente nova. Non goza dunha historia ininterrumpida como outras literaturas románicas. As causas disto son as épocas de silencio que sufriu a nosa lingua e que quedaron reflectidas na nosa literatura.

O profesor  Carvalho Calero divide a historia do galego e da literatura galega en 3 etapas. Nestas etapas o galego é concibido de distintas formas polas persoas. O galego foi a lingua da literatura; máis tarde, desprezada como unha lingua do pobo, un dialecto mal falado; silenciada e agochada nos Séculos Escuros, florece de novo na literatura do Rexurdimento e queda agochada despois dunha longa noite de pedra durante a ditadura franquista.

Estas situacións influíron na nosa literatura. A causa disto, os primeiros escritores do Rexurdimento non tiñan ningún modelo de escrita nin tan sequera normas ortográficas… A historia da literatura galega vén contada nos temas tratados polos nosos escritores. Nas súas obras rexorde, pois, a nosa literatura fortemente ideoloxizada.

Moitos asocian escribir en galego cunha ideoloxía nacionalista. Isto vén dos autores da Época Nós, que reflectían unha ideoloxía galeguista nos seus textos; porque escribir en galego era un acto de rebeldía, de resistencia ante a cultura hexemónica.

En conclusión, para todos os que critican e caracterizan a nosa literatura como monótona e pobre, seguramente non saiban que se trata dunha literatura con tanto prestixio coma a de calquera outra lingua románica normalizada.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.