Tal e como vos dixemos noutro artigo, estamos lendo o libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.
Desta vez lemos “Un artista do neón”, ” Vanesa e o anuncio de televión” e “O caso do estraño empregado”.
O primeiro deles trata dun home que traballaba nunha fábrica de rótulos de neón. Ás veces as cousas que lle encargaban a el non lle gustaban e modificaba os rótulos despois de convencer a seu xefe Elías. Este convencía os clientes de que a versión que lle entregaban, e que non se parecía nada ao que pediran, era a ideal. Mais un día fixo un león para o dono dun ximnasio que pedira un rótulo en inglés (Muscle man) ao que non lle gustou nada, feito que provocou que lle pegase ao dono e este pechase o negocio dos rótulos deixando no paro o artista.
En xeral, o conto gustounos a todos menos a Tofik a quen lle resultou moi aburrido. Pareceunos moi bo o traballo que facía Elías convencendo os clientes.
O segundo texto trata dunha rapaza que se chamaba Vanesa e que fixo un anuncio para a televisión dun chocolate. A nai da súa amiga tamén quería que esta fose actriz e fixese anuncios na televisión, pero en contra da súa vontade. Ao final, por insistencia da nai, acabou facendo unha proba para unha publicidade da televisión pero non a colleron porque non tiña unha personalidade propia e só imitaba a Vanesa.
Este texto levounos á reflexión de que os pais non deben obrigar os fillos a realizar actividades para as que non están preparados. Polo tanto, parécenos ben que non colleran á rapaza no anuncio, aínda que se enfadase a nai.
O terceiro texto desenvólvese nunha funeraria. Os protagonistas son Don Pedro e mais un empregado da empresa que lle conta por teléfono a súa experiencia entrevistando a un dos candidatos para un posto de representante, xa que era un vampiro.
Este texto gustounos moito por como estaba escrito a xeito de diálogo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]