Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Parabén Woody!

Quizá sexa un dos cineastas máis recoñecidos e laureados da modernidade. 4 premios Óscar e máis de 20 nominacións, 2 globos de ouro, 9 BAFTA, o Príncipe de Asturias da Artes, etc, etc, etc. Os números falan por sí sós ao referirnos a este director, guionista, woodyactor, músico, dramaturgo, humorista e escritor, nado en Nova York e un 1 de decembro, 78 anos atrás.

Sería tremendamente difícil mencionar aquí a súa filmografía completa, pois dende o ano 1969, no que se estreou a primeira obra totalemente escrita e dirixida por el (Colle os cartos e corre), leva realizando case un filme por ano. Obras tan coñecidas coma Manhattan, Annie Hall e  A rosa púrpura do Cairo,  ou outras máis recentes coma Scoop.

Non obstante, deixando de lado a súa prolífica e polífacética  carreira que pasa, como xa se aclarou con anterioridade, por  case a totalidade do campo das artes escénicas, e que fai que sexa tan habitual velo diante dunha cámara coma nun concerto de clarinete coa súa banda de jazz; Woody destaca pola súa hilarante e caótica personalidade.

Unha actitude aturullada, un inxenio desternillante, e unha ironía aceda son as claves das súas personaxes e tamén del mesmo.  Esa visión dan realidade tan diferente e especial vese reflectida nalgunhas das súas citas máis coñecidas: ” De onde vimos? A onde imos? Hai posibilidade de tarefa de grupo?“,  ”O medo é o meu compañeiro máis fiel, nunca me enganou para marchar con outro” ou “Non é que me asuste a morte, simplemente non desexo estar alí cando ocorra

Unha anécdota que describe a personalidade  estrambótica de Allen, quizá sexa o feito de que case en ninunha ocasión acode á cerimonia dos Óscars porque ese día adícao a tocar o clarinete.

Diferente, estraño e característico. Tamén ídolo e referente para moitos. Feliz día Woody!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.