Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Día da Paz… Lingüística

paloma

Recorremos á pomba da paz para seguir reclamando a normalización da nosa lingua en todos os eidos. O vindeiro venres imos celebrar no IES o Día da Paz e desde o

Equipo de normalización quixemos participar compartindo a necesidade da paz lingüística que pasa polo fomento da nosa lingua.

Queremos incidir na realidade lingüística que a día de hoxe se mostra no noso país e sobre a que queremos que reflexione toda a comunidade educativa en particular e toda a sociedade en xeral.

As ás da pomba enchéronse de frases recollidas da boca do alumnado do IES relativas á necesidade de uso normalizado da lingua galega.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.