Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A poesía última de Lois Pereiro, nun libro-disco de ‘monicreques’.

A obra ” Poesía última de Lois Prereiro” é unha obra na que interactuan conceptos para ir compoñendo os dous últimos anos de vida do poeta maldito. Este espectáculo estreouse en 2011, ano no que a Lois Pereiro se lle dedicou o día das letras galegas,  ano en que os proxectos que repasaron a súa curta vida e intensa obra agromaron en todas as artes.  Precisamente por iso o deles, o da compañía de monicreques Fantoches Baj, non acadou a repercusión que merecía.

A compañía explicou cal é a imaxe de Lois Pereiro que queren transladar a través do monicreque que representa o poeta: unha caixa amarela cun ‘L’  que representa todas as características do poeta monfortino. A esta imaxe dá acceso a súa obra Conversa ultramarina, un dos escritos máis persoais con que nos agasallou.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.