Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
A muiñeira é blues

MARTA LORENZO (1ºBAC-A)

Hai xéneros musicais que son infravalorados, e este é o caso da muiñeira, mentres que outros que se deron en condicións semellantes proliferan sen nengún tipo de problema.

 Este tipo de música está a ser desprezado por causas sociais, hai xente que a rexeita por ser demasiado popular,  idolatrando así outros tipos de música que, agás polo seu estilo, teñen unha traxectoria ao longo do tempo bastante parecida á da muiñeira.

 Hai incluso músicos e consumidores que mostran unha animadversión abraiante pola música tradicional galega e o folk galego, definindo  estas como unha música moi popular, que non é a adecuada para a categoría que cren ter ou que, simplemente, rexeitan sen dar motivos. Estes non teñen en conta que todas as músicas tradicionais naceron dunha comunidade e nesta se formaron; a música popular é a do pobo, é a que o acompaña e acompañou en todo momento.

 Dende o meu punto de vista, é verdade que a muiñeira é a nosa música máis tradicional, pero tamén hai que ter en conta que non todos temos os mesmos gustos musicais. A parte disto, tampouco é pretexto que non nos guste unha música para menosprezala, cada tipo de música é digno de admiración, porque todos se orixinaron nunha cultura distinta e levaron vidas paralelas, chegando ata onde están agora.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.