Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A cantiga de amigo, un xénero autóctono.

Diferenciar entre cantiga de amigo e cantiga de amor como un xénero tradicional, pouco coidado e autóctono fronte a outro cortesano, refinado e de fóra é algo que todos facemos baseándonos en tópicos e por descoñecemento do que neste artigo se recolle, pero coa intervención dun terceiro factor que provocou a diferenciación entre ambos, e as posteriores características á hora de distinguilas.

Ao igual que nós nos diferenciamos por certos trazos como poden ser a cor dos ollos ou a cor da pel, coas cantigas podemos facer exactamente o mesmo. Na cantiga de amigo a voz lírica é feminina, mentres que na de amor é masculina. As cantigas de amigo son para a nosa literatura o que para un rei os seus tesouros. Son o que nos define: a maior cantidade de riqueza en cada cantiga, falando a nivel de artificiosidade, maior prestixio para nós. Por iso, todos os que falan de distinción en canto a cantigas de amigo e de amor, esquécense de ter en conta o que aquí imos manifestar.

Certo que as cantigas de amor son un xénero diferenciado das cantigas de amigo, pero o que tamén é certo é que os que falan de cantigas cultas -referindose ás de amor- e de cantigas populares -polas de amigo-  descoñecen que as primeiras son o resultado dun proceso transformador que sufriron as de amigo por influxo dos trobadores provenzais. Todos procedemos do Australopithecus, cuxo xénero foi evolucionando e adaptándose aos factores que o rodeaban, dando como resultado a aparición de novas especies que foron convivindo e superpoñéndose unhas a outras até que perdurou a mellor adaptada. Coas cantigas ocorre o mesmo. A cantiga de amigo sería o tronco común do que con posterioridade sairía a cantiga de amor. Os factores que intervirían neste caso serían os trobadores porvenzais chegados polo Camiño de Santiago, deixando a súa pegada nas nosas cantigas, e provocando así a aparición dun novo xénero, a cantiga de amor.

Por iso, considerar que as dúas cantigas son completamente distintas é absurdo pois, aínda que haxa diferenzas en canto á voz lírica, ou en canto á categoría, xa sexan de ámbito rural ou cortesán, o que queda claro é que ambas son froito da mesma planta, unha planta de raíz autóctona.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.