Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
“VERGONZOSO”

lema

Así é como titulo eu esta noticia, unha noticia que unha vez máis demostra que este goberno non acepta a cooficialidade das outras linguas que non sexan o español, neste caso atenta contra a nosa lingua, contra o galego.

Unha subdirección do Ministerio de Economía, catalogando como “defecto” o feito de que unha petición para unha bolsa predoutoral estivera escrita en galego e instando a que se reformule nun prazo de dez días, e como isto non foi así a alumna da USC foi excluída do proceso selectivo, isto é outra forma de minorizar o galego, ademais de ser anticonstitucional, xa que vai contra o artigo tres  da constitución Española no que se di “A riqueza das distintas modalidades lingüísticas  será obxecto de respecto e proteción”, tamén vai contra o Estatuto de Galicia que no seu artigo cinco di “Ninguén será discriminado por razón de lingua”, para colmo, se a petición fora en inglés sería aceptada “por non ter rango de oficialidade no país”. O señor Luis de Guindos, o noso ministro de economía, deberíase preocupar máis polo contido desa petición e non polo idioma no que está escrita, nin rangos de oficialidade, xa que neste caso hai catro linguas cooficiais no noso territorio e polo tanto as catro terían o mesmo rango.

A noticia podémola ver no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/11/30/gobierno-niega-beca-investigadora-pedirla-gallego/0003_201311G30P11993.htm

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.