Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
Un futuro mellor por Eduardo Punset

un futuro mellor

O outro día lin este texto de Eduardo Punset e gustoume moito, por iso acordei traducilo ao galego (lingua que estou aprendendo) para que poidades lelo na lingua propia de Galicia. Espero que o disfrutedes coma min.

Un futuro mellor

 Non é certo que exista unha crise económica planetaria, o que existe é unha crise específica de países específicos.

A esperanza de vida aumenta 2,5 anos cada década. Por primeira vez aprendemos que hai vida antes da morte e que calquera tempo pasado foi peor.

A educación e a medicina avanzan cara á personalización, e obrígannos a xerar un novo modelo social. A prevención será máis importante que a curación.

Un gran descubrimento: a aprendizaxe social e emocional. Por primeira vez na historia da evolución empezamos a coñecer e xestionar as emocións. E sabemos que é tan importante aprender como desaprender.

As redes sociais son o que nos fai distintos do resto de animais. A orixe da interconexión actual está nas rutas da Seda e do Incenso. Grazas á revolución dixital agora a comunicación pode ser instantánea e universal.
Tras os avances das ciencias da mente, hoxe coñecemos a importancia do inconsciente con relación ao pensamento racional. Por primeira vez constatamos que podemos confiar na intuición.

Nunca souberamos tanto sobre a natureza da felicidade. Iso é o esencial: a felicidade encóntrase na sala de espera da felicidade.

Outro dos nosos rompedeiros de cabeza seculares: a beleza. Sabemos que a beleza é ausencia de dor, ou sexa, a que reflicte un rostro cun nivel de flutuacións asimétricas inferior ao normal.

Evolutivamente, en tempo de crises, a manda vólvese cara aos mozos para que exerzan o seu liderado. É pois, a hora dos mozos. Non poden defraudar
Hai uns anos estabamos convencidos de que a visión do universo correspondía á realidade. Logo descubrimos que esa visión dependía do marco e das emocións. Agora sabemos que é o resultado dun modelo matemático: a incerteza envolve o noso universo.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.