Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Tempo de acivros. Tempo de libros

cartel-presentacic3b3n-amarelo-grande-web1

Hoxe día 13 de decembro presentarase no Auditorio de Rianxo un tríptico con recomendacións lectoras de Nadal.

 

 

 

 

Un ano máis a Biblioteca Municipal de Rianxo coordinou a elaboaración dun tríptico con recomendacións de lecturas para Nadal, como noutras ocasións  colaboraron todos os centros educativos do concello, CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, CEP X Mª Brea Segade de Taragoña, CRA de Rianxo, IES Félix Muriel e a Escola Infantil A Galiña Azul.

O venres 20 de decembro repartiranse no centro os trípticos entre o alumnado do centro.

No acto de hoxe participará o alumnado dos distintos centros, realizarán  actividades para presentar os libros recomendados por cada un deles. Os representantes do noso centro serán 4 alumnos de 3º de ESO que leran poemas do libro Os ángulos da brasa de Manuel Álvarez Torneiro e un fragmento da obra Vento e chuvia de Manuel Gago, dúas das obras recomendadas polo noso centro.

Se queres coñecer estas obras pulsa na portada do libro.

camisas 2EDICION.fh11cuberta_vento_chuvia_1




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.