Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Actividades
Roteiro por Ourense, ” A esmorga”

ourense1O día 20 de novembro o alumnado de 4º de ESO A , B e PDC fomos de excursión a Ourense. Pola mañá fixemos o roteiro da Esmorga, é dicir, o camiño que percorreron os persoaxes desta historia.

 

 

ourense2

Fomos indo ós lugares máis importantes do relato, facendo un percorrido que nos levou aproximadamente dúas horas.  Ademais, en cada unha das zonas nas que iíamos parando, había unha plaquiña posta polo concello cun breve resumo da escena que alí se desenvolvía. Na nosa pequena expedición, visitamos a Praza Maior, o Belén,  fontes, e un parque con pavos reais, os cales despois da nosa intervención, quedaron bastante asustados. Ao rematar este interesante andar, fomos comer a un restaurante asiático, onde a comida estaba bastante ben, pero o postre estaba mellor.

ourense5




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.