Imaxe de cabeceira
Varia
Retrincos na Festa da Patela

A semana pasada celebrouse  a primeira Festa da Patela en Rianxo. Tratouse dun evento dedicado á gastronomía relacionada coa pesca artesanal e o marisqueo no que tamén tivo cabida a cultura a través dunha homenaxe a Castelao.

O venres 6 de decembro a banda da Escola de Música de Rianxo tivo o pracer de ser convidada á homenaxe. O acontecemento consistiu na lectura do libro Retrincos do ilustre escritor rianxeiro Castelao, ao mesmo tempo que a banda interpretaba unha composición creada polo director da banda de Meaño, David Fiúza.  A música e as palabras déronlle a oportunidade a un público extenso de experimentar todos aqueles sentimentos que anos atrás Castelao fora deixando no seu libro: a emigración, a saudade, a morte, a actitude nacionalista, o baile…

No acto non faltaron cabezudos que simbolizasen a Peito de Lobo, nin os bailes da Sabela e Castelao.  Cabe destacar a interpretación de Xesús Santos, outro membro do teatro Airiños… Mulleres e homes, mozos e non tan mozos coas súas voces simbolizaron a gran cantidade de personaxes que transcorren polo libro: o Inglés, a Sabela, a nai de Castelao, Peito de lobo…

A representación en compaña do espírito da música foi de tan gran beleza que conseguiu conmover ao público que respondeu satisfeito cun gran aplauso final.

 

unnamedIMG_4953

 

IMG_4988IMG_4968 (1)




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.