Esta noticia, que aparece publicada en “La Voz de Galicia,” fainos reflexionar sobre o rexeite do pobo galego á inxusta sentencia do Prestige (petroleiro monocasco feito en Xapón , con bandeira das Bahamas que se afundiu en novembro do 2002 preto de Galicia e provocou un dos maiores catástrofes da historia do noso país). Neste xuízo todo o mundo resultou absolto e non fixeron a ninguén responsable do terrible desastre ecolóxico que sacudiu Galicia fai agora 10 anos e que conmocionou a toda España. Ninguén pagará por tanto mal que se fixo á costa Galega, unha das máis fermosas da terra, e que aínda que o mar é moi rico e pouca a pouco vai recuperando, tardará moitos anos en volver a estar como antes da catástrofe.
Por outro lado sabemos que as costas galegas son zona de paso de centos de barcos durante todo o ano, ó non haber responsables e sen que ninguén pague ningún tipo de indemnización, dálle vía libre a armadores sen escrúpulos que compran petroleiros moi vellos, auténticas chatarras andantes e logo paséanas por diante das nosas costas, sen ter en conta o grave perigo que isto ten.
Por desgraza o caso do Prestige non foi un caso illado xa que antes do prestige, outros barcos como o petroleiro noruego Polycommander que se afundiu nas Illas Cies, o petroleiro Urquiola que no 1976 chocou contra uns baixos na entrada do porto da Coruña, afundíndose posteriormente e causando un gran desastre ecolóxico que aniquilou a vida na ría da Coruña durante moitos anos , en 1992 cando a ría de A Coruña empezaba a recuperarse outro petroleiro, en este caso grego, “O Mar Egeo” afundiuse, etc.
A lista de desastres naturais provocados por afundimentos de barcos no noso mar é moi extensa, mais esperemos que as autoridades do noso país recapaciten e apoiados pola comunidade internacional fagan leis que na medida do posible minoren o risco que supón para as nosas costas o incesante paso de barcos, moitos de deles petroleiros, e desta forma conseguir que desastres como os do Polycommander , Urquiola, Mar Egeo ou Prestige non se repitan.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]