Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Club de lectura Ex Libris
Os dous primeiros “Contos por palabras”

contosp

Como xa vos anunciamos comezamos a ler o libro “Contos por palabras” e, aínda que vos pareza algo fácil, para nós é un reto moi grande pois non estamos afeitos a ler.

Lemos e estivemos debatendo sobre os  dous primeiros contos que teñen en común que os protagonistas buscan parella.

No primeiro trátase  dun home  que era infeliz e que foi a un cerralleiro para preguntarlle se tiña a chave da porta da felicidade . Este dixo que si e que tamén lla comprara unha rapaza de pelo loiro e ollos azuis . O home púxose a buscar a todas as mulleres de ollos azuis e cabelo loiro e segue na súa procura.

No segundo texto o protagonista é un unicornio femia que se atopa cun home  que ten un negocio de contactos matrimoniais.  El quedou de buscarlle parella porque ademais ela non ten amigos e non sabemos como rematou.

Os contos parecéronnos moi fantásticos xa que é moi pouco probable que alguén atope a chave da felicidade ou un unicornio, mas serven para evadirnos un bocadiño e para facernos pensar.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.