Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Galiciencia

Hai xa un tempo, o mércores día 20 de novembro os alumnos e alumnas de 4º da ESO que teñen a materia de química  , fixemos unha visita a Galiciencia , en Ourense. Deixámosvos aquí a nosa crónica.

Pola mañá, fixemos o roteiro da Esmorga, coñecido libro de Eduardo Blanco Amor. Pola rúa, había placas con diversos debuxos e parágrafos que contaban a historia deste libro. Ao remate, fomos xantar a un Wock Asiático, estaba moi bo e comemos a fartar!

Pola tarde, fomos a Galiciencia. Había unha carpa con diversos alumnos de varios centros que nos contaban e amosaban uns experimentos que eles elaboraron, foi moi interesante. Logo, fomos a dentro do recinto principal, alí había un home que nos ensinou cousas relacionadas coa auga, xa que era o ano da esfera da auga, tamén nos serviu de axuda para física e química.

Pola noitiña, subimos ao autobús e dirixímonos ás termas . Ao entrar nas termas , semellaba como se nos estivéramos queimando pero despois dun tempo metidos na auga, estábase moi a gusto.

Foi unha gran experiencia, e pasámolo moi ben!

Lara Alcalde Lorenzo, 4ºB

Óscar Iglesias Resúa, 4ºA

header

http://www.tecnopole.es/sites/default/files/galiciencia/2013/revista_galiciencia.pdf




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.