Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O Bosón de Higgs segundo Carlos Salgado

O pasado mes de novembro, no marco do mes da ciencia en galego, estivo connosco Carlos Salgado, profesor da USC. Así, como se ve neste vídeo, empezou o noso contacto

Podedes escoitar toda a charla no seguinte vídeo que está ao final do artigo de Cristina Cambeses (2º Bac. A) sobre este tema.

Carlos Salgado, un dos profesores da USC, veu ao IES Félix Muriel para falarnos da física de partículas. Con exemplos e sen afondar moito acercounos a un mundo difícil de entender.

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de bacharelato escoitamos con atención como funciona o maior laboratorio de partículas a nivel mundial, o CERN.

Non sen asombro saímos da charla sabendo un pouco máis de Xenebra e do mundo próximo á física que parece tan lonxano a nós pero que no entanto nos inflúe no ámbito diario.

Foi un pracer escoitar a un mestre da física que rompeu ao completo cos estereotipos que gardamos de cara ós científicos. De xeito irónico explicounos que ser científico non significa ser raro, senón simplemente gozar dese traballo.

Aquí vos queda o vídeo completo da súa intervención. Non perdades de velo:




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.