Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
1º premio de boas prácticas

O noso instituto conseguiu o primeiro premio de boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso 2012-2013 que concede a Consellería de Educación na sección de Mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega.

O proxecto do noso equipo de normalización é plurianual e interdisciplinar e  leva anos traballando na mellora dos usos e actitudes cara ao galego do alumnado, das súas familias, do corpo docente e de toda a poboación.

Agradecemos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente e familias) e ao Concello de Rianxo a participación e apoio en todas as actividades desenvolvidas e merecedoras do galardón.

Esta é a copia da resolución definitiva que se publicou o pasado mércores 11 de decembro.

1º Premio boas prácticas

 

A dotación económica deste premio, 3.000 euros, empregarase para continuar traballando na mesma liña.

A noticia en La Voz

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.