Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Videoconferencia de Jorge Mira
Cartel anunciador

Cartel anunciador

O pasado martes día 12, o afamado físico Jorge Mira, máis coñecido como colaborador en Cifras e Letras, realizou  unha videoconferencia conectando con noventa centros, incluído o noso. Durante media hora expuxo como os antigos gregos realizaban complexos cálculos matemáticos relacionados co universo: tamaño da Terra, da Lúa e do Sol e das distancias entre eles. Foi moi didáctico e moi claro e entendemos todo ben.

A continuacion cada centro podía facer dúas preguntas, nós fixemos dúas : Cando ía haber unha eclipse de sol ou de lúa en Rianxo? Soportariamos os de Rianxo a temperatura do inferno? Só contestou a primeira, porque non lle deu tempo a responder a todas as que faciamos nos centros e díxonos que buscásemos en internet que el non o sabía….

Na nosa opinión, pareceunos unha conferencia moi entretida e amena, xa que trataba de temas interesantes. O único problemas é que o son non era moi bo xa que a conexión á rede fallaba de cando en vez conxelándose a imaxe e a voz.

Videoconferencia Jorge Mira

Videoconferencia Jorge Mira

Videoconferencia Jorge Mira 2

Videoconferencia Jorge Mira 2



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.