Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Roupa tóxica en Inditex?

Campaña de Greenpeace

Greenpeace está contra as marcas de roupa debido ao emprego de substancias nocivas na súa fabricación. O que  pretende é  informar aos compradores do perigo que están correndo ao mercar roupa, especialmente da marca Zara.

O informe proporcionado por Greenpeace pretende axudarnos aos consumidores a mellorar a nosa calidade de vida facilitándonos datos sobre os perigos que estas prendas de roupa levan consigo.

Un dos argumentos principais desta asociación ecoloxista é que esta roupa pode producir enfermidades canceríxenas o cal, podería ser certo, xa que, as taxas de incidencia están aumentando lentamente en España e en todo o mundo. Non significa que este aumento estea producido só pola roupa de Inditex, HyM, Levi´s.. pero o que si é certo é que poderían estar axudando ao seu favorecemento debido ás substancias tóxicas cas que esta roupa é fabricada.

Estas tendas tamén poderían estar contaminando as augas cercanas ás fábricas de produción, segundo os últimos informes de Greenpeace. Isto podería favorecer a intoxicación alimentaria, xa que calquera animal, planta ou ser vivo que inxerise ou fose regado con esta auga e posteriormente inxerido por nós podería producir unha grave intoxicación e incluso a morte de non ser tratada a tempo.

Algunhas tendas xa recoñeceron o seu erro ao empregar estas substancias e aseguraron que deixarían de fabricar a roupa con elas, pero Inditex segue mantendo o seu silencio. Só o rompe para asegurar que Greenpeace non pediu permiso para realizar eses informes e que calquera dato obtido neles é irrelevante xa que non poden ser comparados cos propios datos de Inditex.

Considero que Inditex está ocultando a verdade refuxiándose na forma “ilegal” pola cal Greenpeace obtivo os seus datos en lugar de recoñecer que si empregan esas substancias como xa fixeron HyM ou Puma. Na miña opinión, paréceme lamentable que se estean empregando esta clase de substancias na fabricación de roupa xa que, se sesabe que son perigosas para a nosa saúde vexo innecesaria a súa utilización e considero que non hai motivo aparente para rebater isto pois,poderán mellorar a calidade da roupa ou permitir que aumente a velocidade de fabricación pero ao mesmo tempo segundo este informe, esta roupa degrádase máis rápido do normal debido a que as substancias destrozan o tecido; aumentan o risco de enfermidades canceríxenas e poderían estar intoxicando as nosas fontes alimenticias.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.