Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Os nosos autores
Pepe Carreiro en Rianxo
Hai uns días, no colexio  Castelao de Rianxo, onde eu estudei, recibiron a visita  do escritor  de temática infantil  Xosé Carreiro Montero, máis  coñecido como Pepe Carreiro.PEPE CARREIRO

Este  vigués, humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada  é de sobra coñecido polos máis pequenos, xa que ademais de crear revistas como Can sen Dono e Xo! e ”A voz que para a bestas”;  escribir numerosas obras de humor gráfico (“Fraga na Galicia”, “Mellor que onte pero mellor que mañán “), cómics   para nenos(“Bule bule” e “Barbanzóns”) e colaborar  con viñetas para distintos medios (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Televisión de Galicia…)  é o creador da famosa serie  de contos infantís  Os Bolechas. Esta colección, de enorme éxito entre os máis pequenos, consegue iniciar na lectura a moitos nenos da nosa comunidade.

Carreiro ben de rematar, por encargo da mancomunidade Arousa Norte, a última historia dos Bolechas.  Nesta historia o famoso debuxante sitúa os membros desta famosa familia na comarca do Barbanza. Este  capítulo  forma parte dunha colación de guías turísticas de diferentes comarcas, e nela os Bolechas percorren os concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.  Nun principio van de Ribeira  ata Rianxo polo interior e logo fano ó revés pola costa, mostrándonos algúns dos lugares máis interesantes da nosa comarca.

Carreiro  non  improvisou para a creación deste capítulo senón que  ó igual que fai con todos os episodios dos Bolechas documentouse  axeitadamente  antes de escribilo. Por certo, o monumento que máis lle chamou a atención da nosa mancomunidade foi o Castelo da Lúa e a súa lenda, que el non coñecía.

Por certo, Carreiro asegurou –nunha entrevista concedida ao xornal La voz de Galicia- que os Bolechas tiñan corda para rato e aínda lle quedaban moitas aventuras e tamén que o público infantil conforman os lectores  máis agradecidos.

CRISTINA CAMBESES FRANCO 2º BAC A Nº5

 PEPE CARREIRO

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.