Como para todos, no primeiro día de traballo estás nerviosísimo, ou, polo menos, a min tremíame a voz cando dei os meus datos na dirección do hospital. Comezaba como MIR no hospital Sta. Resurrección, na planta 6. O mesmo ano no que me graduara, descubrírase un virus ao que lle deron o nome de VIRUS “M”. Eu ocuparíame dos enfermos que padecían esta enfermidade e axudaría coa cura contra o virus.
As primeiras semanas foron horrorosas, non sabedes o que é estar atendendo a un rapaz de 6 anos, de súpeto ter que levalo a coidados intensivos por culpa dun ataque de febres e ás catro horas recibir o encargo de transmitirlle á familia que o rapaz falecera. Ao cabo duns días, atopeime no corredor cun rapaz idéntico a el. Eu pregunteille:
– Como te chamas?
– Rafael – (o mesmo nome que o outro neno),- perdinme e quería chegar á habitación 132 – (a mesma habitación na que estaba o neno) -pódeme axudar a atopala?
- Pois claro, como non…
Leveino á habitación e alí menteuse na padiola e díxome:
- Grazas…
– Non hai de que, é o meu traballo, non?
Rafael dirixiume un ledo sorriso e quedou durmido. Ao saír atopeime con Sabela, a miña compañeira de planta e estrañada preguntoume:
- Con quen falabas?
- Con Rafael… – dixen dubidoso.
- Xaime, Rafael morreu do virus M, non te acordas?
- Pero… se está aí durmindo! – Sabela mirou na habitación.
- Dentro non hai ninguén, Xaime. Debes estar moi canso…
Cando marchou, entrei de novo na estancia, era certo, non había ninguén, a cama estaba feita… O único fóra de sitio era unha receita médica na almofada. Collina e lin o contido, non eran medicamentos o alí apuntado, eran substancias químicas, e ao final poñía “M MEDICINAM”. Nin idea do que era iso, metino no peto da bata e marchei.
De volta á casa non puiden deixar de pensar no rapaz. Acaso fora unha aparición? Acaso me estaba a volver tolo? Non sei o que ocorreu e menos o que pasará a partir de agora. Xa me tremelican as pernas só con pensar en volver ao traballo…
Estou de novo no hospital, na mesma planta, na mesma sección… A ver que pasa agora… Acababa de recoller a habitación na que se hospedaba unha muller de 65 anos coa enfermidade do virus M cando aparece ela pola porta dicíndome:
– Mozo, podería mostrarme onde se atopa a sala de raios X?
– Claro, señora…
Leveina ata a porta mesma da sala de raios X, ela entrou e dispoñíame eu a dar a volta e marchar cando me dei conta de que o médico que se ocupaba daquela sala non chegaba ata as 07:30. Volvín abrir a porta, prendín a luz e… non había ninguén, só outra receita médica, idéntica á anterior (creo que me estou a volver tolo), marchei coa receita na man de volta á habitación. Alí, no pequeno sofá atopei unha nena que choraba:
-Que che pasa, pequena?
-Vi… vin ver… á miña avoa que estaba enferma e… cando chegamos un médico díxolle a miña nai que a avoíña estaba… -a rapaza non puido falar máis, as bágoas afogaron a súa voz.
-Ben, non fai falta que chores – de repente deime conta, a nena era a neta da muller que me preguntara a situación da sala de raios X, entón.. – Cando morreu a túa avoa?
-Ás seis da mañá -a mesma hora na que me atopara coa muller.
Levei a nena xunto á nai e deseguido pedín libre o que quedaba de día. Na casa púxenme a revisar o papelame do meu escritorio. Cando xa era a noitiña, dispoñíame a recoller os papeis cando atopei as dúas receitas. Olleinas de novo; agora, na esquiniña da esquerda, poñía outra cousa diferente:
“VIRUS MEDECINAE M”
Traducido:
MEDICINA VIRUS M
Púxenme a ollar de novo as receitas, todos os produtos eran compoñentes das medicinas que se lle receitaban aos doentes desta enfermidade. E se xuntando estas substancias se curaba a enfermidade?
Collín o coche a toda présa e marchei cara ao laboratorio do hospital, era pequeno, pero alí atoparía o necesario. Púxenme mans á obra e, pouco a pouco, o remedio foi tomando forma. Foi ás tres da mañá cando me presentei na porta da dirección, atendeume o propio director xeral.
Pasaron numerosos días, e eu cos nervios a flor de pel, ata que chegou o momento ansiado. Tras incontables probas, a medicina resultou correcta e eliminaba o virus M dos corpos infectados, protexéndoos de novas infeccións. Ás 7:30 subministrouse a primeira dose, a cal foi efectiva.
Ao terminar o día, dirixíame á porta de saída cando, nun recuncho, sentados nas cadeiras de espera, a muller e o rapaciño falecidos me sorrían con agarimo. O pequeno achegouse a min, abrazoume e bisboume á orella:
– Grazas por todo…
Deume un bico na meixela, pechei os ollos e cando os volvin abrir xa non estaban. Non sentín medo ningún, senón unha ledicia inmensa.
Aida Barros Ces 2ºA
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]