Imaxe de cabeceira
Sabías que...
National Geographic: 125 anos dun referente

DSC_0898

Sharbat Gula (máis coñecida coma A Nena Afgá),  Jane Goodall (célebre investigadora de chimpancés) nun momento íntimo cun deles ou  o carácter ecolóxico dun paxaro diseccinado en plásticos  e refugallos. Imaxes impactantes, reflexivas e incapaces de deixar a ninguén indiferente. Estes exemplos son só una pequena mostra dalgunhas das fotografías máis celebradas da historia dunha organización consagrada á defensa cultural e natural.

A Sociedade National Geographic foi fundada no ano 1888 nos Estados Unidos, e tivo como presidentes a importantísimas figuras do mundo cientifíco (Alexander Graham Bell é un bo exemplo disto).  Adicada nun primeiro momento a difundir coñecementos de tipo xeográfico, o seu labor foise espallando ata englobar un abano moito máis amplo: natureza, medio ambiente, historia ou  temática socio-cultural atópanse agora entre os seus obxectos de estudo e divulgación.

A Sociedade creou, como medio de difusión de coñecementos, una revista co mesmo nome. Foi pioneira dende un primeiro momento na calidade das súas reportaxes e na precisión das súas informacións e, sobre todo, recoñecida polo alto nivel das súas publicacións gráficas.paxaro

Atopándose sempre na vangarda, en canto á fotografía, comezou a utilizar as imaxes en color nos inicios do século XX, cando aínda se trataba dunha tecnoloxía en desenvolvemento.  Nos anos 30, substituíu as aparatosas cámaras que precisaban de trípode, e que polo tanto eran máis limitadoras e arduas para o manexo, por cámaras pequenas.

As súas instantáneas son tomadas, ademais, pola elite mundial, se nos referimos á fotografía. Quizais o máis coñecido destes persoeiros sexa Steve McCurry (famoso polo retrato A Nena Afgá, aparecido na publicación no ano 1985, e que na actualidade, ademais de ser unha das imaxes máis recoñecibles da revista, é un símbolo da dor e do trauma na guerra)chimpancé

Para conmemorar a data do nacemento desta publicación véñense celebrando diversos actos e mostras.  Un particularmente interesante é o que se está a desenvolver no Centro Niemeyer (Avilés) onde se atopa a exposición 125 anos de expedición: As 50 Mellores fotografías de National Geographic, e de cuxa visita proceden as fotos amosadas neste artigo.

Imaxes humanas, cercanas ou sobrecolledoras, que pretenden desprender unha ensinanza e sempre cun papel reivindicativo e de denuncia. O labor de National Geographic segue adiante.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.