CONVERSA CUNHA MULLER MORTA de Sonia Méndez (Vigo, 1980) foi premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe de ficción.
Trata sobre a violencia de xénero e, se tedes 15′ non perdades de vela e deixade os vosos comentarios

Sinopse: Luis acaba de saír do cárcere onde cumpría condena polo asasinato da súa
muller ELENA, cometido quince anos atrás. Cando LUÍS chega á gran casa que ambos compartían ELENA aparéceselle “de entre as mortas” para manter unha conversación con el. E é que ás mulleres curiosas como ELENA a xustiza dos homes non lles parece suficiente…
Estas foron as declaracións da directora cando recibiu o premio:
“Cando o ano pasado a Academia Galega do Audiovisual concedeu este premio á miña anterior curtametraxe “ÁS DAMAS NEGRAS” nunca pensei que o momento podería repetirse. CONVERSA CUNHA MULLER MORTA vén de recibir diversos premios noutros festivais da península pero a unha sempre lle fai máis ilusións que a premien na casa.
O premio é para o equipazo que me segue nestas aventuras, amigos e compañeiros que confían no meu e lánzanse aos proxectos que lles propoño, moitos deles séguenme dende o principio, alá no 2008, cando me atrevín a poñerme detrás da cámara.
Tamén é o premio para todas as mulleres que sofren ou sufriron por Violencia Machista, a elas, ás que están e ás que (lamentablemente) xa non están lles dedico o premio e cada un dos frames deste traballo.”
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]