Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Catro meses despois Galiza aínda treme co recordo da traxedia de Angrois.

0 24 de xullo de 2013, é unha desas datas que quedan na memoria. Creo que moitas persoas e seguramente todos os galegos recordaremos onde e que estaimage_content_medium_822968_20130726113818bamos facendo no momento que chegou a nós a noticia da traxedia.

Un día de festa en Compostela que se converteu no máis sagrado día de loito. Os fogos das festas suspendéronse, e foron moitos os que prestaron a súa axuda doando sangue nos

hospitais. Actos coma este fan, na miña opinión, que os debamos sentirnos orgullosos do noso pobo, que actuou unido e solidario.

Na televisión, todo eran polémicas, e certo era que os servizos non daban abasto. Foron moitos os médicos e enfermeiros en paro os que foron a axudar aos hospitais, e tamén os que ese día non volveron á casa no horario que lles correspondía…

 

Tamén os bombeiros, manifestaron o mal-funcionamento dos servizos de emerxencia no día da traxedia.

 

Os verdadeiros heroes da historia, na miña opinión foron os veciños de Angrois, que sen pensar decidiron votarse ás vías e axudar en todo o que puideran, mesmo antes de que os  servizos de emerxencia chegasen ao lugar do accidente. Hoxe en honor á valentía deses       veciños, inaugúrase en Angrois un cruceiro, e tamén se lles construirá un parque.

 

Os medios de comunicación, en especial o xornal, La Voz de Galicia foron especialmente criticados polas imaxes tan fortes e datos que facilitaron das víctimas. O xornal La Voz, chegou a publicar como portada unha imaxe cos nomes e datos de todos os pasaxeiros mortos e numerosos artigos falando da vida persoal deles. Na miña opinión, non debemos confundir a información co morbo. Considero que debemos coñecer toda a información pero todas as persoas gozamos dun dereito de proteción de datos. E publicáronse imaxes moi duras que non creo que fosen agradables para as familias das víctimas, tendo en conta de que moitas das persoas fotografiadas estaban en estado moi lamentable.

 

A polémica 4 meses despois xa non é a falta de medios que viviron os servizos de emerxencia ese día,nin a falta de proteción de datos das víctimas, non. Hoxe, búscanse responsables. E estes, están saíndo á luz, dende un inxeñeiro constructor da vía ata un scalemembro do servizo técnico de ADIF, todos teñen responsabilidade… Coma sempre, os políticos, lávanse as mans… Ao principio, toda a culpa caía sobre o maquinista. José Garzón, piloto do Alvia, non facía máis que preguntarse por qué seguía vivo despois do accidente… En situacións así, creo que calquera preferiría non seguir vivo, cargar con ese peso ten que ser moi duro… E resultaríame bastante imposible crer que unha persoa que leva tantos anos pilotando trens teña a culpa absoluta de unha traxedia así, e máis sabendo que o tren carecía de algún dos programas de seguridade que necesitaba.

 

En calquera caso, poñéndose no lugar das víctimas e das familias, hai que comprender que cando sufrimos ou perdemos a alguén, necesitamos un culpable para poder superalo máis fácilmente.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.