Imaxe de cabeceira
Sabías que...
#SalvemosGalicia

Este é o hastag que está invadindo twitter esta semana, dende que chegou aos nosos oidos que Galiza é unha mina… Non unha mina en sentido metafórico, non…

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia aprobou un proxecto de megaminería industrial. Varias multinacionais estranxeiras convertirán Galiza nunha mina a ceo aberto.  A mina máis importante atópase na zona de Corcoesto, onde se van a extraer 34 toneladas de ouro… Para isto, queimaranse con explosivos 392 hectáreas de terreo con 4300 toneladas de cianuro, que producirá 8400 toneladas de arsénico, auténtico veleno para o ser humano e para a natureza galega. As nosas rías, montes, ríos, o propio aire, especies animais, augas quedarán contaminadas e causarán moitos danos no solo que tardará anos en recuperarse… A cousa non acaba aquí… Esta contaminación causará danos en seres humanos, deformidades xenéticas, envelenamentos a causa da auga, problemas pulmonares e un maior risco de cancro, concretamente un 800% de posibilidades de padecer esta enfermidade… E todo isto a cambio de millóns de euros e uns cantos empregos precarios que salvarán durante un tempo a economía dalgunhas familias, pero despois as empresas marcharán con todo e aos galegos non nos quedará nada excepto contaminación e miseria.

Como é posible que este proxecto non saíse antes á luz? Como é posible que se aprobase? Coa auga,coa vida, e coa saúde das persoas, non se negocia, non teñen prezo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.