Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
ANGELICA CATALANI

Aquí vai unha pequena biografía sobre unha artista do canto, unha aútentica soprano de inolvidable voz.

Angelica Catalani foi unha famosa soprano italiana. Considérase como a primeira prima donna de carreira verdadeiramente internacional.

    Naceu en Sinigalia o 10 de maio de 1780 no seo dunha familia de comerciantes. O seu pai dedicabase á venta de pedras preciosas, polo que Angelica puido recibir unha boa educación no convento de Santa Lucía (Gubbio), on de foi descuberta a súa voz. Foi enviada a Francia, onde recibiu leccións do castrato Luigi Marchesi.

    Debutou en 1795 en A Fenicie de Venecia con gran éxito e tras isto presentouse rapidamente por toda a península. As súas actuacións en Roma e Nápoles confirmárona como a mellor soprano da época.

    No 1801 aceptou un contrato por varios meses en Lisboa, onde coñeceu a Paul Valbregue. Paul converteuse no seu esposo e manipulou a fama da súa esposa.

    En  maio e setembro de 1805 presentouse en París nunha serie de concertos que lle proporcionaron fama e diñeiro. O público parisino amábaa; incluso, Napoleón, ao oíla, quedou prendado da súa voz e prometeulle unha gran suma de diñeiro para que permanecera en Francia. No entanto, a cantante odiaba e detestaba a Napoleón e arreglouse para desestimar a oferta parisina.

    Tras unha longa e grandiosa carreira, morreu o 12 de xuño de 1849, e así despedímonos dunha gran cantante.

 

Unha gran soprano



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.