Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / O baúl do desprezo
Tradución dunha cantiga medieval.

Recentemente, observamos nun libro de “Lengua castellana y Literatura" como un poema pertencente á literatura medieval galego-portuguesa foi traducido e usouse como texto representativo da literatura castelá na Idade Media. É común observar como os libros de texto de literatura castelán ocultan ou tratan de xeito moi marxinal a literatura das demais culturas da península, como son o galego, o catalán e o vasco. Isto débese á situación non normalizada da nosa lingua, e polo tanto da nosa literatura considerándoa como un subapartado dentro da literatura española. Pero isto pode considerarse un ataque dende as ansias de centralismo e unidades españolas, xa que a literatura galego-portuguesa é estudada e admirada dende moitos países considerándoa como o que é, unha literatura propia dun pobo e dunha cultura.  Malia á magnífica consideración fóra do propio territorio, en España segue sen gozar dunha situación de normalidade. Proba disto, é a ignorancia que nós mesmos, alumnos galegos, temos de autores importantes cataláns e vascos, o que nos leva a pensar que eles ignoran tamen a nosa literatura e do mesmo xeito os alumnos do resto do territorio español. Esta actitude negativa e censurable en si acada lindes de desprezo e ofensa no exemplo de tradución dun poema da literatura galega ao tratalo como representativo da literatura castelá dun determinado período. Unha posición correcta dende o punto de vista normalizador sería, ademais de mostrar a cantiga na súa lingua orixinal, galego, servirse dunha tradución ao castelán que permitise coñecer ao resto de alumnos/as españois a nosa literatura, mais sempre indicando a lingua na que está escrita e a literatura á que pertence, a galega.

Imaxe da cantiga medieval traducida ao castelán:

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA 2 ESO
ED. SM
ISBN: 978-84-675-4823-5
Depósito legal: M-1451-2011

Cantiga orixinal:

-Digades, filha, mia filha velida,

porque tardastes na fontana fria?

Os amores hei.  

Digades, filha, mia filha louçana,  

porque tardaste na fria fontana?       

Os amores hei.  

-Tardei, mia madre, na fontana  fria,  

cervos do monte a áugua volvian.      

Os amores hei.  

Tardei, mia madre, na fria fontana,  

cervos do monte volvían a áugua.     

Os amores hei.  

-Mentir, mia filha, mentir por amigo,  

nunca vi cervo que volvess´ o rio.     

Os amores ei.  

Mentir, mia filha, mentir por amado,  

nunca vi cervo que volvess´o alto.        

Os amores hei.  

Cantiga atribuida ao trobador galego-portugués Pero Meogo

Sarela Betanzos 4ºA



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.