Noite de voraces sombras, novela de Agustín Fernández Paz pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia de Sara, unha moza, que durante unhas vacacións na casa da súa avoa atopa unha serie de cartas e fotos que lle cambia a vida. A historia está contada por un narrador interno, xa que é a propia protagonista quen a narra e está, polo tanto, en primeira persoa.
Os termos principais entorno ao que xiran os acontecemento son:
· O amor e a paixón reflexado nas cartas de Sara Salgueiro a Moncho, o exilio na persoa de Sara Salgueiro, pois ten que fuxir a Bos aires, a Guerra Civil época na que se produce a historia de amor entre Sara e Moncho.
· O medo, a angustia reflexada en Sara ao sentirse observada pola presenza fantasmal, por facerse maior e que non houbese no futuro veráns como aqueles; e tamén en Sara Salgueiro ao non ter noticias sobre Sara e Moncho.
· A sensación de intrusismo que sente Sara ao remexer nas pertenzas do tío Moncho.
· A amizade entre Sara e os seus amigos e a forxada entre os presos.
A novela consta de 11 capítulos. A introdución corresponde aos tres primeiros capítulos, pois neles é onde se nos presentan aos personaxes principais: Sara, rapaza de 16 anos que vai descubrir a estupenda biblioteca do tío Moncho, ademais dos cartos e as fotos que cambiaron a súa vida. Tío Moncho, irmán da avoa de Sara, era mestre e estivo preso na illa de San Simón durante a Guerra Civil; morrera antes de casar cos pais de Sara. Daniel, rapaz que coñece Sara en Viveiro e co que descubrirá sensacións que nunca antes experimentara. Fernando e Cristina, pais de Sara.
Neste dous capítulos tamén se nos fala do espazo, é dicir, dos lugares onde transcorre a historia:
A Coruña, cidade onde vive Sara. Viveiro, onde vivía a avoa de Sara, onde Sara vai pasar as vacacións e onde vai descubrir a historia de amor entre Sara Salgueiro e o seu tío Moncho. A historia tamén vai transcorrer na Illa de San Simón lugar onde estivera preso Moncho e a onde se vai desprazar Sara e a súa nai para recuperar o obxecto que deixou Moncho alí escondido.
O tempo no que transcorre a historia é no ano 2002 aínda que se fai referencia á Guerra Civil española.
O nó abrangue dende o capítulo 4 ata o 10 ambos incluídos, xa que é onde se recolle o núcleo central da historia, é dicir, onde se produce a descoberta de Sara, as súas saídas con amigos, o regreso á Coruña despois das vacacións de verán, a busca de información sobre a Illa de San Simón e a chegada á illa.
O desenlace corresponde ao capítulo II. Aquí é onde se narra a chegada á illa, o percorrido por ela ata conseguir cumprir o desexo do seu tío, recuperar o obxecto que deixara alí (un anel para Sara Salgueiro que acaba herdando Sara).
Sara, unha rapaza de 16 anos, vai pasar unhas vacacións á casa da súa avoa. Instálase no cuarto do seu tío Moncho, falecido facía moitos anos. Alí vai sentir a sensación dunha presenza fantasmal que a observa. No cuarto atopará un feixe de cartas e fotos ademáis dun cuadernillo e unha boa biblioteca. A través das cartas descubrirá a historia de amor que houbo entre Sara Salgueiro e o seu tío Moncho así como o desamor pois Sara vai ter que fuxir, exíliase a Bos Aires e Moncho está preso na Illa de San Simón.
Sara irá á illa coa súa nai para que a través dela, seu tío Moncho, poida cumprir despois de tantos anos a súa promesa de volver a San Simón a recuperar o anel que mercara pasa Sara Salgueiro e que agora herdou Sara.
Opinión persoal.
A novela gustoume moito. Ademais da historia de amor entre Sara Salgueiro e Moncho relátanos moi ben o que aconteceu durante a ditadura franquista, como se ensañaron cos mestres progresistas por intentar transmitir a cultura, porque só desexaban unha sociedade máis xusta e máis libre. Fíxome pensar na crueldade e malos tratos que lle deron a moita xente durante a guerra civil, na cantidade de familias que quedaron rotas pero tamén na amizade que se forxaba entre tanto horror.
Adrián Rico (3ºESO) recolle e publica o informe de Raúl Muñiz (4ºESO)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]